Saltar ao contido principal

Alcoa, unha cidade contra o peche

Unha breve reportaxe realizada como traballo para economía, do grao de Comunicación Audiovisual da USC, sobre a situación na que se atopaba a empresa Alcoa e os seus traballadores no ano 2018.
A través das palabras de Alberto Lema, Carlos Nogueira e Óscar Varela, créase un panorama sobre a situación política, económica e social que envolve o peche de Alcoa d'A Coruña e San Cibrao.
O que se está pedindo é unha intervención para paralizar unha situación inxusta.
- Óscar Varela.

Alcoa non se pecha!

Un traballo realizado por Miguel García, Lucía Lago e Natalia Fernández.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Quen son?

Que quen son? Non teño nin idea. Son repetición, son rutina e son o mesmo: o mesmo de sempre. Son un lago e son a estrada, son a radio, son a escola. Eu son ti e son eles, pero non son eu. Son o que queiras ver en min, aínda que trato de ser algo máis. Que ves ti que son eu? 

Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo.  Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.  Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! X. M. Díaz Castro ( Nimbos )

Las lágrimas de las cebollas

Sempre pregunteime o mesmo. Por que a xente di que somos como capas de cebola? Cando era nena pensaba que sería porque as cebolas fan que choremos, porque pican os ollos cando as miramos. Pero agora entendo o que son as capas. Todos somos teas de historia, cubertas de momentos, problemas. Capas e capas que cando intentas quitar para descubrirte a ti mesma, só es capaz de atopar máis. Non hai un eu, só hai historias que nos compoñen como as capas ás cebolas.