Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Galicia

Cans de Lume

Este é o teaser dunha curtametraxe de ficción; unha peza de suspense e fantasía que, cun certo ton surrealista, traslade ao espectador a un lugar misterioso, escuro e opresivo.  Cunha estética baseada no cinema expresionista alemán, búscase mesturar varios mitos, como é o da Caixa de Pandora  ou o da Santa Compaña .  A historia narra a viaxe de Pan que, nunha soa noite, debe atopar a Esperanza. Tras abrir unha misteriosa caixa, un grupo de persoas misteriosas lideradas por Dando esperta dun soño eterno e comeza a sembrar o caos co seu lume. As cousas se complicarán para Pan cando, pensando que pode atopar alí a Esperanza, entra nunha igrexa escura. Pero o único que atopará alí será lume. 

Alcoa, unha cidade contra o peche

Unha breve reportaxe realizada como traballo para economía, do grao de Comunicación Audiovisual da USC, sobre a situación na que se atopaba a empresa Alcoa e os seus traballadores no ano 2018. A través das palabras de Alberto Lema, Carlos Nogueira e Óscar Varela, créase un panorama sobre a situación política, económica e social que envolve o peche de Alcoa d'A Coruña e San Cibrao. O que se está pedindo é unha intervención para paralizar unha situación inxusta. - Óscar Varela. Alcoa non se pecha! Un traballo realizado por Miguel García, Lucía Lago e Natalia Fernández.

Dun día nalgún sitio

Dun día que estaba triste e fun de paseo. 

Fogar

Arredores da miña casa un ano despois dos incendios.   O verde xa non é verde. O verde é pardo, o verde é artificial, de plástico. O verde da Galiza, o verde dos seus ollos agora e dende sempre tan melancólicos, tan morriñentos da terra que marchou a medida que os homes ían pasando. Terra triste, novas cores máis tristes aínda cás cores máis tristes da Terra.  Queimárona. Cando chegas arriba, só queda encherse de valor, de forza, e intentar mirar cara alá, cara os lugares afastados nos que non podes ver se pasa o mesmo ca no teu lugar. Mirar á fronte, cara o mar que agora xa non é azul. Só queda mirar cara o ceo escuro que nalgún momento fixo caer chuvia na terra para intentar limpala de nós. Ese lugar cheo de cariño que dende o principio intentamos coidar, intentamos encher de verde, de cores e de luces. Intentamos limpar a cinza. E ese refuxio é o meu fogar de pedra.

Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo.  Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.  Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! X. M. Díaz Castro ( Nimbos )