Saltar ao contido principal

Cans de Lume

Este é o teaser dunha curtametraxe de ficción; unha peza de suspense e fantasía que, cun certo ton surrealista, traslade ao espectador a un lugar misterioso, escuro e opresivo. 

Cunha estética baseada no cinema expresionista alemán, búscase mesturar varios mitos, como é o da Caixa de Pandora ou o da Santa Compaña

A historia narra a viaxe de Pan que, nunha soa noite, debe atopar a Esperanza. Tras abrir unha misteriosa caixa, un grupo de persoas misteriosas lideradas por Dando esperta dun soño eterno e comeza a sembrar o caos co seu lume. As cousas se complicarán para Pan cando, pensando que pode atopar alí a Esperanza, entra nunha igrexa escura. Pero o único que atopará alí será lume. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Quen son?

Que quen son? Non teño nin idea. Son repetición, son rutina e son o mesmo: o mesmo de sempre. Son un lago e son a estrada, son a radio, son a escola. Eu son ti e son eles, pero non son eu. Son o que queiras ver en min, aínda que trato de ser algo máis. Que ves ti que son eu? 

Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo.  Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.  Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! X. M. Díaz Castro ( Nimbos )

Las lágrimas de las cebollas

Sempre pregunteime o mesmo. Por que a xente di que somos como capas de cebola? Cando era nena pensaba que sería porque as cebolas fan que choremos, porque pican os ollos cando as miramos. Pero agora entendo o que son as capas. Todos somos teas de historia, cubertas de momentos, problemas. Capas e capas que cando intentas quitar para descubrirte a ti mesma, só es capaz de atopar máis. Non hai un eu, só hai historias que nos compoñen como as capas ás cebolas.