Saltar ao contido principal

Sen orde nin ficción

Atoparse na realidade, sen ficción, quere dicir estar nun mundo sen orde. Nese mundo no que todos os momentos, aínda que unidos por un fío, poden ser anteriores ou posteriores ao momento exacto no que as persoas do teu redor dan sentido ao que existe.

Sen orde nin ficción, unha peza realizada no contexto da V Chanfainalab, un encontro de cineastas galegos celebrado en San Sadurniño dende o 2014. Unha experiencia xenial.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Quen son?

Que quen son? Non teño nin idea. Son repetición, son rutina e son o mesmo: o mesmo de sempre. Son un lago e son a estrada, son a radio, son a escola. Eu son ti e son eles, pero non son eu. Son o que queiras ver en min, aínda que trato de ser algo máis. Que ves ti que son eu? 

Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo.  Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.  Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! X. M. Díaz Castro ( Nimbos )

Las lágrimas de las cebollas

Sempre pregunteime o mesmo. Por que a xente di que somos como capas de cebola? Cando era nena pensaba que sería porque as cebolas fan que choremos, porque pican os ollos cando as miramos. Pero agora entendo o que son as capas. Todos somos teas de historia, cubertas de momentos, problemas. Capas e capas que cando intentas quitar para descubrirte a ti mesma, só es capaz de atopar máis. Non hai un eu, só hai historias que nos compoñen como as capas ás cebolas.