Blade Runner é unha película de 1982 dirixida por Ridley Scott e protagonizada por Harrison Ford e Rutger Hauer, entre outros. A trama desenvólvese no ano 2019, nun futuro no que a enxeñería xenética fai posible a creación de robots escravos, fisicamente iguais que os humanos, chamados Replicantes. Os Blade Runner son un corpo que se encarga de “retirar” aos robots que permanecen na Terra. Rick Deckard, un destes policías xa retirado, é chamado para rematar ca vida de catro Replicantes rebeldes. A partir deste momento, a película non deixa un momento de descanso, non deixa que apartes a mirada nin un instante da pantalla. Cada escena, cada personaxe, cada ambiente son capaces de saturar todos os sentidos. Respecto á estética, paréceme impecable. Os ambientes continuamente cargados de humidade, cheos de personaxes e obxectos que non deixan de moverse nin un segundo. O feito de que durante toda a película sexa de noite, chova e haxa sempre...
Comentarios