Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

Nacín pra ser libre (que aprendín)

Eu, filla do mesmo de sempre. Círculos que circulan circularmente. Xirando. Xirando e xirando. Filla do mesmo. Molesto. Pero o camiño tórcese e rómpese o ciclo. Vós, fillos do vento, liberdade. Escoitade canto podedes dar. Rompedes miñas orixes. Aprendo a escoitar o mundo que se abre continuamente. Péchase e volve a comezar pero xa non é o de sempre. Agora de cor, contraste, novos mundos, nova vista. Miradas. Agora nova mente, novo ser. Vós rompedes o eixe, os días, e facédeos de sons, sentidos, cores, brillos. Sodes libres, disfrutades. Escaravellos dourados de Exipto. Eu, coma vós, filla do mesmo, nacín pra ver cores, nacín pra ser libre.

Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo.  Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.  Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! X. M. Díaz Castro ( Nimbos )