Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Pelicula

Cans de Lume

Este é o teaser dunha curtametraxe de ficción; unha peza de suspense e fantasía que, cun certo ton surrealista, traslade ao espectador a un lugar misterioso, escuro e opresivo.  Cunha estética baseada no cinema expresionista alemán, búscase mesturar varios mitos, como é o da Caixa de Pandora  ou o da Santa Compaña .  A historia narra a viaxe de Pan que, nunha soa noite, debe atopar a Esperanza. Tras abrir unha misteriosa caixa, un grupo de persoas misteriosas lideradas por Dando esperta dun soño eterno e comeza a sembrar o caos co seu lume. As cousas se complicarán para Pan cando, pensando que pode atopar alí a Esperanza, entra nunha igrexa escura. Pero o único que atopará alí será lume. 

Nacín pra ser libre (que aprendín)

Eu, filla do mesmo de sempre. Círculos que circulan circularmente. Xirando. Xirando e xirando. Filla do mesmo. Molesto. Pero o camiño tórcese e rómpese o ciclo. Vós, fillos do vento, liberdade. Escoitade canto podedes dar. Rompedes miñas orixes. Aprendo a escoitar o mundo que se abre continuamente. Péchase e volve a comezar pero xa non é o de sempre. Agora de cor, contraste, novos mundos, nova vista. Miradas. Agora nova mente, novo ser. Vós rompedes o eixe, os días, e facédeos de sons, sentidos, cores, brillos. Sodes libres, disfrutades. Escaravellos dourados de Exipto. Eu, coma vós, filla do mesmo, nacín pra ver cores, nacín pra ser libre.

Be happy

Storyline:      Un estudiante quiere aprobar un examen y va a una biblioteca donde se queda atrapado hasta que la abren al día siguiente. Sinopsis:      En el transcurso de una noche, Luis (un estudiante de bachillerato) tendrá que superar el hecho de haberse quedado encerrado en la biblioteca de la ciudad, para poder aprobar el examen de filosofía que tiene al día siguiente. Al llegar todo le distrae, pero cuando por fin consigue centrarse, todo se vuelve contra él y un montón de dificultades se interpondrán entre él, su casa y el examen. Todo está cerrado a cal y canto y tendrá que buscar alguna forma para poder escapar. Finalmente, alguien abre la puerta, pero ya es demasiado tarde: ha amanecido. Protagonista: Descripción física:            - Nombre : Luis.            - Edad :  a punto de cumplir 18.            - Sexo :  hombre.    ...

Toma II: viaje

Hai moitos tipos de viaxes: esas eternas que te cambian pouco a pouco, lixeiramente, que non se marchan ata que as botas, ata que te botan fora; e esas momentáneas, fugaces. Son capaces de cambiarte nun día, nunhas horas, en tan só uns minutos. Vanse cando menos queres que se vaian, botan fora o que nalgún momento fuches durante a viaxe. Son duras, violentas, fortes. O impacto da vida sobre a túa mente. Deixan baleiro. As viaxes só deixan un baleiro, unha mestura entre a nada e o todo. Baleiro? Tal vez. Viaxes distintas, para todos, a vida, a morte, trens e máis trens, autobuses, coches, xente, escaleiras, música, máis xente, máis música, familia, amigos, amigos que marchan pero nunca marchan, pintura e máis pintura, portas, animais, risas, máis pintura. Todo é fugaz. Fugaz e baleiro. Todo e nada. Baleiro? Tal vez.

Las lágrimas de las cebollas

Sempre pregunteime o mesmo. Por que a xente di que somos como capas de cebola? Cando era nena pensaba que sería porque as cebolas fan que choremos, porque pican os ollos cando as miramos. Pero agora entendo o que son as capas. Todos somos teas de historia, cubertas de momentos, problemas. Capas e capas que cando intentas quitar para descubrirte a ti mesma, só es capaz de atopar máis. Non hai un eu, só hai historias que nos compoñen como as capas ás cebolas.

La teoría del caos

Mente. ¿Qué hay en su interior? Por las mañanas, clases, gente. Ella. Sólo es ella. ¿Qué hay en su interior? Mente.

Lágrimas en la lluvia

     Blade Runner é unha película de 1982 dirixida por Ridley Scott e protagonizada por Harrison Ford e Rutger Hauer, entre outros. A trama desenvólvese no ano 2019, nun futuro no que a enxeñería xenética fai posible a creación de robots escravos, fisicamente iguais que os humanos, chamados Replicantes.  Os Blade Runner son un corpo que se encarga de “retirar” aos robots que permanecen na Terra. Rick Deckard, un destes policías xa retirado, é chamado para rematar ca vida de catro Replicantes rebeldes. A partir deste momento, a película non deixa un momento de descanso, non deixa que apartes a mirada nin un instante da pantalla. Cada escena, cada personaxe, cada ambiente son capaces de saturar todos os sentidos.      Respecto á estética, paréceme impecable. Os ambientes continuamente cargados de humidade, cheos de personaxes e obxectos que non deixan de moverse nin un segundo. O feito de que durante toda a película sexa de noite, chova e haxa sempre...

Quen son?

Que quen son? Non teño nin idea. Son repetición, son rutina e son o mesmo: o mesmo de sempre. Son un lago e son a estrada, son a radio, son a escola. Eu son ti e son eles, pero non son eu. Son o que queiras ver en min, aínda que trato de ser algo máis. Que ves ti que son eu?