Sempre pregunteime o mesmo. Por que a xente di que somos como capas de cebola? Cando era nena pensaba que sería porque as cebolas fan que choremos, porque pican os ollos cando as miramos. Pero agora entendo o que son as capas. Todos somos teas de historia, cubertas de momentos, problemas. Capas e capas que cando intentas quitar para descubrirte a ti mesma, só es capaz de atopar máis. Non hai un eu, só hai historias que nos compoñen como as capas ás cebolas.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! X. M. Díaz Castro ( Nimbos )
Comentarios