Saltar ao contido principal

Dun día nalgún sitio

Dun día que estaba triste e fun de paseo. 










Comentarios

Publicacións populares deste blog

Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo.  Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.  Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! X. M. Díaz Castro ( Nimbos )

Toma II: viaje

Hai moitos tipos de viaxes: esas eternas que te cambian pouco a pouco, lixeiramente, que non se marchan ata que as botas, ata que te botan fora; e esas momentáneas, fugaces. Son capaces de cambiarte nun día, nunhas horas, en tan só uns minutos. Vanse cando menos queres que se vaian, botan fora o que nalgún momento fuches durante a viaxe. Son duras, violentas, fortes. O impacto da vida sobre a túa mente. Deixan baleiro. As viaxes só deixan un baleiro, unha mestura entre a nada e o todo. Baleiro? Tal vez. Viaxes distintas, para todos, a vida, a morte, trens e máis trens, autobuses, coches, xente, escaleiras, música, máis xente, máis música, familia, amigos, amigos que marchan pero nunca marchan, pintura e máis pintura, portas, animais, risas, máis pintura. Todo é fugaz. Fugaz e baleiro. Todo e nada. Baleiro? Tal vez.

Las lágrimas de las cebollas

Sempre pregunteime o mesmo. Por que a xente di que somos como capas de cebola? Cando era nena pensaba que sería porque as cebolas fan que choremos, porque pican os ollos cando as miramos. Pero agora entendo o que son as capas. Todos somos teas de historia, cubertas de momentos, problemas. Capas e capas que cando intentas quitar para descubrirte a ti mesma, só es capaz de atopar máis. Non hai un eu, só hai historias que nos compoñen como as capas ás cebolas.