Eu, filla do mesmo de sempre. Círculos que circulan
circularmente. Xirando. Xirando e xirando. Filla do mesmo. Molesto. Pero o
camiño tórcese e rómpese o ciclo. Vós, fillos do vento, liberdade. Escoitade
canto podedes dar. Rompedes miñas orixes. Aprendo a escoitar o mundo que se abre
continuamente. Péchase e volve a comezar pero xa non é o de sempre. Agora de
cor, contraste, novos mundos, nova vista. Miradas. Agora nova mente, novo ser.
Vós rompedes o eixe, os días, e facédeos de sons, sentidos, cores, brillos.
Sodes libres, disfrutades. Escaravellos dourados de Exipto. Eu, coma vós, filla
do mesmo, nacín pra ver cores, nacín pra ser libre.
Atoparse na realidade, sen ficción, quere dicir estar nun mundo sen orde. Nese mundo no que todos os momentos, aínda que unidos por un fío, poden ser anteriores ou posteriores ao momento exacto no que as persoas do teu redor dan sentido ao que existe. Sen orde nin ficción , unha peza realizada no contexto da V Chanfainalab , un encontro de cineastas galegos celebrado en San Sadurniño dende o 2014. Unha experiencia xenial.
Comentarios