Saltar ao contido principal

Publicacións

Quen son?

Que quen son? Non teño nin idea. Son repetición, son rutina e son o mesmo: o mesmo de sempre. Son un lago e son a estrada, son a radio, son a escola. Eu son ti e son eles, pero non son eu. Son o que queiras ver en min, aínda que trato de ser algo máis. Que ves ti que son eu? 
Publicacións recentes

Cans de Lume

Este é o teaser dunha curtametraxe de ficción; unha peza de suspense e fantasía que, cun certo ton surrealista, traslade ao espectador a un lugar misterioso, escuro e opresivo.  Cunha estética baseada no cinema expresionista alemán, búscase mesturar varios mitos, como é o da Caixa de Pandora  ou o da Santa Compaña .  A historia narra a viaxe de Pan que, nunha soa noite, debe atopar a Esperanza. Tras abrir unha misteriosa caixa, un grupo de persoas misteriosas lideradas por Dando esperta dun soño eterno e comeza a sembrar o caos co seu lume. As cousas se complicarán para Pan cando, pensando que pode atopar alí a Esperanza, entra nunha igrexa escura. Pero o único que atopará alí será lume. 

Alcoa, unha cidade contra o peche

Unha breve reportaxe realizada como traballo para economía, do grao de Comunicación Audiovisual da USC, sobre a situación na que se atopaba a empresa Alcoa e os seus traballadores no ano 2018. A través das palabras de Alberto Lema, Carlos Nogueira e Óscar Varela, créase un panorama sobre a situación política, económica e social que envolve o peche de Alcoa d'A Coruña e San Cibrao. O que se está pedindo é unha intervención para paralizar unha situación inxusta. - Óscar Varela. Alcoa non se pecha! Un traballo realizado por Miguel García, Lucía Lago e Natalia Fernández.

Sen orde nin ficción

Atoparse na realidade, sen ficción, quere dicir estar nun mundo sen orde. Nese mundo no que todos os momentos, aínda que unidos por un fío, poden ser anteriores ou posteriores ao momento exacto no que as persoas do teu redor dan sentido ao que existe. Sen orde nin ficción , unha peza realizada no contexto da  V Chanfainalab , un encontro de cineastas galegos celebrado en San Sadurniño dende o 2014. Unha experiencia xenial.

Dun día nalgún sitio

Dun día que estaba triste e fun de paseo. 

Lembranzas

O son amargo da choiva peta nas fiestras da ialma esbozando o sorriso triste que se vai borrando. Triste vai o río, con son agarimoso. Ondean as curvas e as pedras que, arredor do pobo fachendoso, ca saraiba vense amoladas, esquecidas, saturadas. Feitas de morriña e morriñenta nada. Meniñas escuras, brillantes de escuro ton amarelo. Cando, entón, vaste lembrar? Cando vas deixar a terra da carga e volver ao infinito mar? Vence. Vence hoxe meniña, e volve a comezar.

Fogar

Arredores da miña casa un ano despois dos incendios.   O verde xa non é verde. O verde é pardo, o verde é artificial, de plástico. O verde da Galiza, o verde dos seus ollos agora e dende sempre tan melancólicos, tan morriñentos da terra que marchou a medida que os homes ían pasando. Terra triste, novas cores máis tristes aínda cás cores máis tristes da Terra.  Queimárona. Cando chegas arriba, só queda encherse de valor, de forza, e intentar mirar cara alá, cara os lugares afastados nos que non podes ver se pasa o mesmo ca no teu lugar. Mirar á fronte, cara o mar que agora xa non é azul. Só queda mirar cara o ceo escuro que nalgún momento fixo caer chuvia na terra para intentar limpala de nós. Ese lugar cheo de cariño que dende o principio intentamos coidar, intentamos encher de verde, de cores e de luces. Intentamos limpar a cinza. E ese refuxio é o meu fogar de pedra.

Nacín pra ser libre (que aprendín)

Eu, filla do mesmo de sempre. Círculos que circulan circularmente. Xirando. Xirando e xirando. Filla do mesmo. Molesto. Pero o camiño tórcese e rómpese o ciclo. Vós, fillos do vento, liberdade. Escoitade canto podedes dar. Rompedes miñas orixes. Aprendo a escoitar o mundo que se abre continuamente. Péchase e volve a comezar pero xa non é o de sempre. Agora de cor, contraste, novos mundos, nova vista. Miradas. Agora nova mente, novo ser. Vós rompedes o eixe, os días, e facédeos de sons, sentidos, cores, brillos. Sodes libres, disfrutades. Escaravellos dourados de Exipto. Eu, coma vós, filla do mesmo, nacín pra ver cores, nacín pra ser libre.